Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa consolida melloría tras 25 días hospitalizado e xa non está en perigo "inminente"

O papa consolida melloría tras 25 días hospitalizado e xa non está en perigo "inminente"

O papa dedícase ao repouso no apartamento privado da décima planta do Gemelli, mentres se exercita con fisioterapia motora e respiratoria

O papa Francisco nunha Misa de Pascua/Tiziana Fabi/Europa Press O papa Francisco nunha Misa de Pascua/Tiziana Fabi/Europa Press
G24.gal 10/03/2025 20:00

O papa Francisco mostrou unha nova melloría nas súas condicións clínicas. Tras 25 días ingresado no hospital Gemelli de Roma polos seus problemas respiratorios, os seus médicos consideran que non se atopa en perigo "inminente". 

"As condicións clínicas do Santo Padre seguen sendo estables. As melloras rexistradas nos últimos días consolidáronse máis, como confirman os exames do sangue e a boa resposta á terapia farmacolóxica", informou o Vaticano nun comunicado.

Por iso os médicos decidiron levantar o pronóstico reservado, o que quere dicir, que o pontífice arxentino "non está en inminente perigo pola infección" pola que foi ingresado, unha pneumonía bilateral.

Con todo, apuntan, a súa situación "segue sendo complexa" e o seu equipo médico mantense cauto.

"En consideración da complexidade do seu cadro clínico e da importancia da infección presentada no momento do seu ingreso será necesaria seguir, por máis días, coa terapia médica farmacolóxica en ambiente hospitalario", segue a nota.

Este luns seguiu por videoconferencia os exercicios espirituais da Curia Romana pola Coresma na aula Pablo VI do Vaticano e despois recibiu a eucaristía e acudiu a rezar á capela do apartamento privado pontificio do hospital. Pola tarde, volveu a conectarse cos exercicios espirituais e logo dedicou o resto da xornada á oración e ao repouso.

O papa dedícase ao repouso no apartamento privado da décima planta do Gemelli, mentres se exercita con fisioterapia motora e respiratoria. Polo día, recibe altos fluxos de oxíxeno con cánulas nasais e pola noite usa a ventilación mecánica, cunha máscara.

Fontes vaticanas aseguran que o pontífice está informado dos aluvións no seu país natal, Arxentina, en Baía Branca, e que mostrou a súa proximidade ao sufrimento dos damnificados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos