Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa Francisco ingresa no hospital a causa dunha bronquite

O papa Francisco ingresa no hospital a causa dunha bronquite

Francisco anulou a súa axenda ata o luns

O papa Francisco este venres no Vaticano canda o presidente de Eslovaquia, Roberto Fico (Reuters/Vatican Media) O papa Francisco este venres no Vaticano canda o presidente de Eslovaquia, Roberto Fico (Reuters/Vatican Media)
G24.gal 14/02/2025 11:24 Última actualización 14/02/2025 18:50

O papa Francisco ingresou na mañá deste venres no hospital Agostino Gemelli para realizar algúns exames diagnósticos necesarios e continuar o tratamento da bronquite, informou o Vaticano.

Segundo informou a Santa Sede nun comunicado, o pontífice padece unha infección nas vías respiratoria e unha "leve febre".

Francisco suspendeu a axenda ata o luns tras quedar hospitalizado no Policlínico Agostino Gemelli.

Nestes días Francisco mantivera a súa axenda, pero recibía na súa residencia, Casa Santa Marta, e non no palacio pontificio, para resgardarse da bronquite.

E este mércores explicou que segue con bronquite e, aínda que comezou a ler a catequese da audiencia xeral, preferiu non seguir e instou a que un colaborador continuara coa lectura.

Francisco, de 88 anos, xa tivo que interromper o pasado domingo a homilía da misa con ocasión do Xubileu das Forzas Armadas na Praza de San Pedro debido a "dificultades na respiración", segundo declarou el mesmo.

No pasado, o pontífice arxentino sufriu problemas de gripe e respiratorios que mesmo o obrigaron a estar ingresado tres días en marzo de 2023 no Hospital Gemelli de Roma.

En novembro de 2023, por consello dos médicos, cancelou a súa viaxe a Dubai para a COP28, pois tamén padecía naquela época "bronquite aguda e infecciosa" e tamén tivo que parar a súa actividade en decembro de 2023 por unha bronquite e en xaneiro do ano seguinte parou por unha gripe.

A finais de febreiro de 2024 acudiu a sede do Policlínico Gemelli da illa Tiberina para realizar unha tomografía computarizada de control dos pulmóns.

En xuño de 2023, o pontífice arxentino tivo que ser de novo ingresado para unha operación por unha hernia abdominal na que se lle retiraron algunhas adherencias e colocóuselle unha malla na parede do abdome e estivo nove días no hospital.

Mentres que en xullo de 2021, Francisco foi hospitalizado por unha estenose diverticular sintomática do colon e estivo ingresado durante dez días.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade