O parlamento portugués rexeita a segunda moción de censura contra o Goberno en dúas semanas
Foi descartada co voto en contra das dúas forzas que integran a alianza gobernante, o conservador Partido Social Demócrata (PSD) e o democristián CDS-PP, e mais de Iniciativa Liberal
A moción, presentada polos comunistas, chega en medio da polémica que afecta ao primeiro ministro Luís Montenegro por unha empresa familiar

O parlamento de Portugal rexeitou este mércores unha moción de censura, a segunda en dúas semanas, presentada polos comunistas contra o Goberno de centrodereita en relación ao caso dunha empresa fundada polo primeiro ministro Luís Montenegro e actualmente en mans da súa muller e os seus fillos.
A moción foi descartada co voto en contra das dúas forzas que integran a alianza gobernante, o conservador Partido Social Demócrata (PSD) e o democristián CDS-PP, e mais de Iniciativa Liberal, coa abstención dos socialistas e do ultradereitista Chega.
Montenegro está no foco da polémica por Spinumviva, unha empresa en mans da súa muller e os seus fillos que o primeiro ministro fundou antes de asumir o cargo e cando non estaba na política activa e que recibiu pagos doutras compañías nas que traballara.