Cargando resultados...
O pechacancelas sorprende o Bergantiños en Carballo
G24.gal
14/11/2021 20:11
O Bergantiños, que non perdía desde a primeira xornada, viu como rompía a súa boa serie de resultados ante o Llanera, que chegaba ás Eiroas como último clasificado.
Despois dunha primeira metade en que o equipo de Carballo estragou grandes ocasións, na segunda o Llanera adiantouse cunha cabezada do senegalés Pape. No treito final, Martín puxo o 0-2. Escobar recortou diferenzas, pero xa era demasiado tarde para soñar co empate.