OPINIÓN
O populismo tamén pode ser de dereitas, por Venancio Salcines
Temos o costume de vencellar o populismo coa esquerda, pero a realidade é que na dereita tamén existe. Donald Trump estao a demostrar. As súas decisións erráticas están a xerar incerteza e isto actúa como un balde de auga fría sobre a economía norteamericana. Paralizacións de investimentos, consumo e emprego; isto é o que estamos a ver nos EUA, levando algúns a pensar que estamos diante dunha nova recesión. Obviamente este pesimismo pode cambiar pero iso levará a un cambio da estratexia de Trump.
O que xa non pode cambiar e o impacto da suba do SMI sobre o 30 % das empresas españolas. Elas colleron o camiño que predí a teoría económica. As que puideron subiron os prezos, xerando mais inflación, trasladaron as subas aos seus consumidores. As que non, tiraron de despedimentos e moderaron o crecemento do emprego.
En economía todo impacto ten o seu efecto, e non todos son positivos. Se somos conscientes de eles podemos actuar e paliar, se os ignoramos, facemos coma as avestruces, non ver, pero non ollar non quere dicir que as cousas non ocorran.