Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP acusa a Pedro Sánchez de gobernar como un autócrata

O PP acusa a Pedro Sánchez de gobernar como un autócrata

O ministro de Xustiza defendeu que é o presidente que máis veces compareceu no Senado

A portavoz do PP Alicia García/Fernando Sánchez / Europa Press
G24.gal 18/03/2025 19:18 Última actualización 18/03/2025 20:05

No Senado, o PP botoulle en cara ao Goberno a súa debilidade parlamentaria e acusou a Pedro Sánchez de gobernar como un autócrata. O ministro de Xustiza defendeu que Sánchez é o presidente que máis veces compareceu na Cámara Alta.

A senadora popular Alicia García diríxíase a el asi: "Son un Goberno sen presupostos, sen plan e sen apoios para reforzar a seguridade e a defensa de España. O seu Frankenstein esborrállase".

"Cando a escoito penso que se vai acabar o mundo coas súas palabras sempre tan apocalípticas", respondeulle Félix Bolaños, ministro da Presidencia.

"Cando chega o realmente importante, os presupostos ou a defensa de España, Sánchez queda só e decide gobernar sen o Parlamento, como un autócrata", insistía a senadora do PP.

Félix Bolaños concluíu con esta afirmación: "Sánchez é con diferenza o presidente que máis veces compareceu nesta Cámara, con diferenza comparado con calquera presidente do Goberno da democracia"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade