O PP acusa o Goberno de "pisar as vítimas do terrorismo" mentres lle abre as portas da Moncloa a Bildu
O PP acusa o Goberno de "pisar as vítimas do terrorismo" mentres lle abre as portas da Moncloa a Bildu
Tirapuxa no Senado pola oposición da Fiscalía Xeral do Estado a reabrir o caso do asasinato de Miguel Ángel Blanco
Tensa tirapuxa no Senado pola oposición da Fiscalía a reabrir o caso do asasinato de Miguel Ángel Blanco. O PP responsabiliza o Goberno e acúsao de pisar as vítimas do terrorismo mentres lle abre as portas da Moncloa a Bildu.
"É tremendo ver como lle abren a Moncloa a unha condenada por enaltecemento do terrorismo, pero péchanllela a partidos que teñen nas súas filas persoas que foron sinaladas por esa terrorista. Unha terrorista condenada pola que vostedes babean máis que un exministro socialista diante dun catálogo de mulleres", di Luís Santamaría, senador do PP.
"Tiñamos un pacto fronte ao terrorismo asinado para non facer do terrorismo unha cuestión política. E vostedes rompérono", respóndelle o ministro da Presidencia, Félix Bolaños.
"Como é posible que a Fiscalía non teña vontade de reabrir o secuestro e asasinato de Miguel Ángel Blanco, ou que digan a que a lei non o permite. Non é unha cuestión da lei, é unha cuestión de vontade política, e a Fiscalía fai o que lle di o Goberno", insiste o senador Santamaría.
Felix Boñalos sostén que a Fiscalía actúa "sempre con criterios técnicos e baseados no dereito" ao igual que a Audiencia Nacional hai uns meses.