Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP de Ourense "abre unha nova etapa de reflexión" tras a chegada de Manuel Cabezas, di Flora Moure

O PP de Ourense "abre unha nova etapa de reflexión" tras a chegada de Manuel Cabezas, di Flora Moure

A portavoz do PP en Ourense, Flora Moure, explicábao na Radio Galega despois de que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, rompera o pacto de goberno cos populares e cesara os edís do PP

Jácome pasa agora a gobernar a cidade con 4 dos 26 concelleiros

G24.gal 27/07/2022 10:56 Última actualización 27/07/2022 12:27

O alcalde de Ourense, González Pérez Jácome, rompeu o pacto de goberno municipal co PP despois de dous anos e pasará a gobernar en minoría con 4 dos 26 concelleiros.

A decisión tomouna tras convocar o PP a unha reunión para saber se tiña intención de abandonar o grupo de goberno. Á xuntanza non asistiron nin a portavoz da formación municipal, Flora Moure, nin o secretario local, Jorge Pumar.

Moure aseguraba na Radio Galega que non puido acudir á cita porque a convocatoria chegou tarde e xa tiña outro compromiso. 

Con todo, explicaba tamén que o seu partido está en período de reflexión tras a chegada de Manuel Cabezas.

"Queriamos que se abrise unha nova etapa de reflexión respecto ao que pensaramos que podía levarnos a estar aí nese grupo municipal por encima de todo, que eran os intereses dos cidadáns e que dalgunha maneira estaba compensado co que estábamos sufrindo por parte de Jácome".

A portavoz do PP no Concello de Ourense, Flora Moure, ve inxustificables as palabras do alcalde e cualifica a súa actitude de "neno maleducado".

"Estas formas e estas palabras son inxustificables e, por suposto, non as esperabamos cando esa mesma mañá a viceportavoz do grupo municipal estivo na alcaldía intentando acudir á reunión á que nos convocaran o domingo".

Moure amosou a súa preocupación pola xestión da cidade e sostén que o grupo seguirá coas súas reunións para traballar nun proxecto que lle devolva a ilusión á cidadanía.

"O grupo ten que continuar coas súas reunións. O PP, tal e como o deixou claro Manuel Cabezas, é un partido de futuro, de goberno e que temos que poñernos a traballar nun proxecto ilusionante para todos os ourensáns".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade