Cargando resultados...
O PP de Pontevedra pide que compareza Silva tras a condena do Supremo por fraude de lei
O PP de Pontevedra pide que compareza Silva tras a condena do Supremo por fraude de lei
A denuncia comezou por unha inspección laboral hai tres anos.
G24.gal
25/01/2022 18:13
O PP de Pontevedra pide a comparecencia da presidenta da Deputación Carmela Silva tras a sentenza do Supremo que condena o organismo por contratar 38 bolseiros en fraude de lei.
"Estamos falando de algo moi grave. Fraude e prácticas deplorables. Aproveitáronse duns mozos e mozas que necesitaban formación e que desenvolveron tarefas propias de traballadores da Deputación, de postos de funcionarios polos que non cotizaron" afirma Jorge Cubela, voceiro do PP na Deputación de Pontevedra.
A denuncia comezou por unha inspección laboral hai tres anos.
A sentenza recolle que facían os mesmos traballos que o persoal laboral, sen formación nin supervisión.