Publicador de contidos
Publicador de contidos

O día no que o Príncipe das Bateas saíu ao rescate do Celta

O día no que o Príncipe das Bateas saíu ao rescate do Celta

Coudet pedira para Aspas unha ovación no minuto 10. O moañés respostou con dous goles recuperando o seu mellor nivel

G24.gal 07/11/2021 15:10

Ao final do partido, había que destacalo. Porque o Celta-Barcelona desta xornada quedará como o do rexurdir de Iago Aspas. E é que, ao igual que no anuncio que gravou o Celta, os seus compañeiros tiñan un problema. En realidade tres. O de Ansu Fati, este de Busquets e o de Menphys Depay. 0-3 ao descanso.

Pero aí chegou Aspas. Subiu as medias, pediu o balón e tirou da afección. E o Celta meteuse na pelexa, nunca desfaleceu e acabou por empatar o partido na última xogada. Con toda a alma celeste, con toda a carraxe de Aspas. Aspas marcou no 52. Nolito cebeceou no 73 e no 95, Aspas. Coma sempre, o de sempre. Coudet lanzoulle unha aperta e, como no anunciou, Aspas contestou ..."Agora tócame a min".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos