O presidente dos EUA comeza en Londres unha visita de catro días a Europa
O presidente dos EUA comeza en Londres unha visita de catro días a Europa
Joe Biden asistirá en Lituania ao cumio da OTAN, coa guerra en Ucraína de fondo
O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, chega este domingo a Londres, onde comezará unha xira de catro días por tres países europeos. A guerra en Ucraína e o cumio da OTAN ocuparán a maior parte da axenda do mandatario norteamericano.
Cumio da OTAN
Biden reunirase este luns co rei Carlos III e co primeiro ministro británico. O presidente norteamericano asistirá ao cumio da OTAN, que terá lugar martes e mércores en Lituania.
Os líderes da Alianza Atlántica debaterán sobre a guerra en Ucraína, e quizais tamén sobre o cuestionado envío de bombas de acio ao exército ucraíno.
Remate en Finlandia
Joe Biden rematará a xira europea o próximo xoves visitando Finlandia, o país nórdico que se converteu recentemente no socio número trinta e un da OTAN.