O Rácing busca o liderado na visita do Español (21:00 h)
O Rácing busca o liderado na visita do Español (21:00 h)
Os de Cristóbal queren seguir invitos na Malata en competición ligueira
Nico Serrano, nova fichaxe dos verdes, estará presente na bancada
Nico Serrano poderá gozar hoxe na bancada da Malata do ambiente de euforia que se vive en Ferrol. Será a nova peza para o Rácing, que xa pasou a páxina da Copa e volve centrarse nunha liga que lle dá moitas satisfaccións.
Hoxe os ferroláns, segundos na táboa, poden colocarse líderes se derrotan o Español, que vai sexto con tres puntos menos.
Clemente e Señé, baixas por lesión. Pero o que máis condiciona a aliñación do Rácing é o estado do céspede da Malata, criticado polo técnico ante o Sevilla, e que non volveron pisar dende entón.
Non fallará a bancada, sen entradas dispoñibles dende hai varios días. Comeza a segunda volta, co reto de manter a fortaleza da Malata, que continúa invicta en liga.