Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing busca unha vitoria que o manteña na loita pola promoción

O Rácing busca unha vitoria que o manteña na loita pola promoción

Cristóbal agarda que o partido contra o líder non sexa o último da temporada na Malata

G24.gal 25/05/2024 14:34

Na segunda división, a penúltima xornada dispútase unificada mañá ás seis e media, co Rácing á busca de meterse na promoción de ascenso. 

Sorbo a sorbo, Cristóbal quere saborear esa posibilidade. Para iso resulta indispensable que derrote mañá o Leganés, nun partido no que vai recuperar a Manu Justo e Sabin Merino, ausentes en Zaragoza. Seguen de baixa David Castro e Chuca, que se unen a Nico Serrano, mancado durante a semana para o resto de temporada.

Cristóbal confía en que este encontro non sexa o adeus da temporada na Malata, senón un deica logo. Todo malia a que o ascenso non era o obxectivo ao inicio da temporada, pero é unha posibilidade á que agora se aferran os ferroláns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos