O Rácing de Ferrol bate o seu récord histórico de socios con 9.360
O Rácing de Ferrol bate o seu récord histórico de socios con 9.360
O Rácing abrirá o vindeiro sábado a liga recibindo no seu estadio ao Málaga
O Rácing Club de Ferrol pechou a súa campaña de abonados para a tempada 2024-25 con 9.360 socios, récord histórico do equipo galego, que competirá por segunda campaña consecutiva en LaLiga Hypermotion.
“Co esforzo de todos, fixémolo posible. Superamos a cifra do ano pasado. Grazas unha e 9.360 veces por facernos crecer como club. Grazas a cada afeccionado, a cada empresa, a cada colectivo que nos brinda o seu apoio”, destacou o club presidido por Manuel Ansede.
O Rácing de Ferrol, que abrirá o vindeiro sábado a liga recibindo no seu estadio o recentemente ascendido Málaga, pechou a campaña de abonados con 747 socios máis que o curso pasado, o do seu regreso ao fútbol profesional tras unha longa etapa na antiga Segunda División B.