Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Racing non para e asina o lateral dereito Aitor Buñuel

O Racing non para e asina o lateral dereito Aitor Buñuel

Coincidiu no Racing de Santander co adestrador Cristóbal Parralo

G24.gal 05/07/2024 21:28

O Racing segue pechando o traballo de fichaxes que Carlos Mouriz vén traballando desde hai un mes. O último en anunciarse foi o lateral dereito Aitor Buñuel, unha garantía para o posto con moita experiencia na categoría. 

Buñuel (Tafalla, 1998) formouse na canteira do Osasuna, equipo co que chegou a debutar en Primeira División con 18 anos. Estivo no filial do Valencia e chegou ao Racing de Santander en 2018 no que se converteu nun titular indiscutible. De feito Cristóbal tívoo ás súas ordes na etapa do Sardinero e foi el quen pediu a fichaxe do xogador. 

Logo pasou polo Almería e as dúas últimas campañas militou no Tenerife. O ano pasado participou en 28 partidos de Liga, 16 deles como titular. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos