Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing perde a imbatibilidade ligueira da Malata na visita do Oviedo (1-3)

O Rácing perde a imbatibilidade ligueira da Malata na visita do Oviedo (1-3)

O conxunto asturiano remontou un partido do que foi dominador

Iker Losada marcou un golazo no día do debut de Nico Serrano e Álex Martín

G24.gal 20/01/2024 21:44

O Rácing perdeu a imbatibilidade de máis dun ano na Malata en competición ligueira, logo de caer por 1 a 3 diante do Oviedo.

A primeira metade comezou cun intercambio de ataques por parte de ambos equipos, aínda que ningún dos dous se achegou con serio perigo. Foi no primeiro treito do encontro, antes de chegar á media hora de partido, cando o equipo visitante tivo as dúas ocasións máis claras. A primeira foi unha falta lanzada por Colombatto que parou ben Cantero. Pouco despois, un disparo de Abe tras unha boa xogada petou na cepa do poste e a piques estivo de modificar o marcador. No último cuarto de hora continuou o dominio asturiano, pero os locais tiveron varios achegamentos nos últimos intres que non chegaron a concretar.

A segunda metade comezou trepidante, moi similar á primeira. A diferenza, o acerto de cara á porta. No minuto 47 Iker Losada recolleu o esférico, encarou e disparou un brillante zapatazo dende case vinte metros para inaugurar o marcador. Nin dez minutos transcorreron, cando os visitantes empataron o encontro nun saque de esquina, rematado a gol por Masca. Partido igualado, e de novo cambian as tornas. O conxunto asturiano meteu presión e atopou o segundo no minuto 71 cun golazo de Moyano, que chutou dende a media lúa e cravouna na escuadra esquerda da portería de Cantero. Tres minutos antes debutara Nico Serrano coa camisola do Rácing

No minuto 75, as asistencias tiveron que intervir debido a unha indisposición dun persoal de seguridade. Quince minutos estivo parado o encontro debido a que a ambulancia acudiu tamén a atender á persoa.

No recomezo, notouse que ambos equipos arrefriaran e baixou o ritmo do xogo. Unha falta de Iker Losada foi detida polo gardarredes visitante. 17 foron os minutos de engadido, e foi no 104, Alemão disparou dende a área para poñer o terceiro e sentenciar o partido. O Rácing perde así a segunda praza e xa non está en ascenso directo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade