Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing perde diante do Amorebieta a oportunidade de engancharse ao ascenso

O Rácing perde diante do Amorebieta a oportunidade de engancharse ao ascenso

O equipo ferrolán perdeu por 3-1 diante dun dos equipos máis en forma da categoría

G24.gal 05/04/2024 22:33

O Rácing de Ferrol caeu no campo do Amorebieta, un dos equipos máis en forma da Segunda División e que está pelexando por evitar o descenso a Primeira Federación. O equipo departamental tivo ausencias importantes ao non poder contar con Pinchi -mancado- e Nico Serrano -baixa de última hora-. 

O Amorebieta comezou dominando o partido e atopou o premio do gol no minuto 17 cun gol de Galarreta. Antes do descanso, o conxunto vasco marcou o segundo cun gol de Dorrío. 

Buscou a reacción o Rácing no segundo tempo. Cristóbal meteu trocos moi ofensivos coa entrada de Sabin Merino e Manu Justo e xerou oportunidades pero non estivo atinado na definición. Foi o Amorebieta o que marcou o terceiro logo dun penalti transformado por Unzueta. Contra o final Jon García marcou o gol da honra ferrolán (3-1). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos