Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing quere afianzar a segunda praza diante do Oviedo (21:00 h)

O Rácing quere afianzar a segunda praza diante do Oviedo (21:00 h)

Os de Cristóbal teñen que vencer para facer bo o empate conseguido na visita do Español

Poderían debutar as novas fichaxes, Nico Serrano e Álex Martín

@laliga
G24.gal 20/01/2024 13:01

Vai ser unha xornada de estreas na Malata coas fichaxes de inverno Nico Serrano e, sobre todo, Alex Martín. O defensa central entraría no once titular polas baixas de David Castro, sancionado, e Clemente. Tivo tres días para adaptarse e ilusionar.

Tras un mes de baixa volve Señé, o autor do gol ferrolán na primeira volta, nun partido que acabou en empate e co Rácing en inferioridade. Hoxe os ferroláns queren seguir en postos de ascenso directo, e o Oviedo, undécimo, achegarse a ese obxectivo.

Preocupa o céspede, en mal estado dende o Nadal. A bancada si amosará a súa mellor versión para manter a Malata invicta na liga.

Iker Losada recibirá hoxe o premio da Liga como mellor xogador do mes de decembro. O de Catoira leva 6 goles e 5 asistencias. E vaille entregar o galardón Pazolo, toda unha lenda racinguista, o terceiro máximo goleador do club ferrolán. 7 temporadas, 89 goles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade