Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing recibe o Tenerife no derradeiro partido do ano

O Rácing recibe o Tenerife no derradeiro partido do ano

Carlos Vicente semella que marcahará caro ao Alavés no mercado invernal

Cristóbal Parralo asegura que o equipo está máis preto do obexctivo: manter a categoría

G24.gal 16/12/2023 14:11 Última actualización 17/12/2023 16:21

Derradeiro partido do ano na casa xusto o día que fan 365 días sen perder no seu estadio. O Rácing enfrontarase co Tenerife nun encontro entre 7º e 8º. Os galegos, empatados a puntos co Éibar que marca a promoción de ascenso, avantaxan nun punto os canarios.

 Pode ser tamén o encontro da despedida de Carlos Vicente da afección racinguista, semella que vai marchar ao Alavés no mercado de inverno tras pagar a cláusula de rescisión (600.000 €) . Cristóbal Parralo prefire non darlle importancia ao que poida deparar o futuro.

"Isto é fútbol. No fútbol estas situacións aparecen e hai que estar preparado. Non sabes o que vai deparar o futuro".

Hoxe fixo un ano da última derrota do Rácing na Malata. Levan 23 partidos sen perder na casa. Un ano excepcional que hoxe despide o rancinguismo ante o Tenerife, rival directo para seguir en postos de promoción de ascenso a primeira. Sen Señé no once titular por lesión, e coa posible despedida ao roxo, Carlos Vicente.

O adestrador dos galegos repetiu que o obxectivo é manter a categoría. 

"Témolos e estamos máis pretos do obxectivo que, volvo repetir unha e mil veces, é manter a categoría".

 

Tamén falou sobre o rival, o Tenerife, do que di que é un equipo moi competitivo. As baixas minguaron o seu rendemento:

"Foron restablécendose desas baixas, e estou convencido de que será un equipo que vai estar arriba".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos