O Racing suma a segunda goleada da pretemporada contra o Vilalbés (5-0)
O Racing suma a segunda goleada da pretemporada contra o Vilalbés (5-0)
Manu Justo comandou a vitoria cun hat-trick para abrir o marcador
O RAcing de Ferrol empeza a coller forma. No amigable ante o RAcing Vilalbés Cristóbal apostou de inicio por cinco das novas fichaxes: o porteiro Bernard, Nacho Sánchez, Señé, Chuca e Íker Losada pero o goleador foi o único dianteiro que polo momento hai no cadro de xogadores: Manu Justo. El fixo o primeiro ao aproveitar un rexeitamento a un disparo de Señé e o segundo tras unha boa asistencia de Chuca.
Na segunda metade entraron cinco homes de refresco, entre eles Pumar que volveu xogar tras a súa grave lesión. El provocou o penalti que Manu Justo transformou no 3-0.
O cuarto acadouno Chuca tras centro de Pumar, que quere gañar un posto no RAcing nesta pretemporada. O quinto puido marcalo Manu Justo pero preferiu asistir a Héber para que marcase o naronés. Manciña para coller sensacións, para conxuntar o equipo, para preparar a estrea ligueira ante o Elxe.
Falta menos dun mes pero faltan tamén reforzos por chegar.