O Rácing Vilalbés deixa atrás o mal momento na casa (1-0)
O Rácing Vilalbés deixa atrás o mal momento na casa (1-0)
Os de Simón Lamas superaron pola mínima á Ximnástica de Torrelavega
O autor do tanto da vitoria foi Diego Uzal
O Rácing Vilalbés superou na Magdalena á Ximnástica de Torrelavega por 1 a 0. O equipo dirixido por Simón Lamas acadou así a primeira vitoria da tempada na casa.
A primeira metade estivo marcada pola igualdade, tendo varias ocasións ambos equipos. Con todo, foi Diego Uzal o encargado de decantar o marcador a favor do cadro local pouco antes do descanso. A Ximnástica foi mellor no primeiro tramo da segunda metade pero non atopou o gol. Os visitantes só tiveron unha ocasión clara que foi detida de maneira sensacional por Santomé.
Con este resultado, o Rácing Vilálbes ascende ata o cuarto lugar na clasificación e deixa atrás o mal momento de case sete meses sen gañar como local.