O Rácing Vilálbes supera o Fabril e colle aire na táboa (1-0)
O Rácing Vilálbes supera o Fabril e colle aire na táboa (1-0)
Quico anota un golazo, logo de que os locais non anotasen en oito partidos, para coller aire na táboa
O filial gozou de máis ocasións pero non tivo puntería
Rácing Vilalbés e Deportivo Fabril víanse as caras nun derbi de moitas necesidades, e no que foron os locais os que levaron o gato ao auga.
O comezo estivo marcado pola intensa choiva, aínda que esta non impediu que houbera achegamentos nos primeiros minutos. Inda así, non foi ata o minuto 22 cando os visitantes gozaron de serio perigo, logo dun disparo de Jairo dende o bordo da área que marchou desviado por pouco. Os fabrilistas comezaban a ter máis protagonismo co balón. O crono corría e ningún dos dous equipos era capaz de construír algunha ocasión clara. E así, cun partido gris e espeso, chegouse ao descanso.
A segunda metade continuou a liña do primeiro acto. O xogo seguiu trabado e apenas houbo ocasións de gol. O estado do céspede, froito da abundante choiva, tamén foi un condicionante de peso. Ao paso pola hora de partido, o Fabril comezou a carburar e tivo dous achegamentos realmente claros. O primeiro foi unha internada na área de Jairo cuxo remate foi desviado pola zaga, mentres que na segunda Losa enviou fóra coa testa un grande envío dende a parte esquerda. A falta de vinte minutos, os de branco e azul tiñan totalmente controlado o partido. Con todo, foi Quico, tras realizar un gran control na área, o que adiantou os locais tras oito xornadas consecutivas sen ver porta. Non houbo máis chegadas.
Con este resultado, o Vilalbés sae polo momento da zona de perigo e condena ao filial a loitar pola permanencia ata o final.