Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing volve perder tras a súa visita a Málaga (2-0)

O Rácing volve perder tras a súa visita a Málaga (2-0)

Os goles de Julen Lobete e David Larrubia na primeira metade danlle os 3 puntos aos locais

O Rácing segue afundíndose nos postos de descenso

G24.gal 22/03/2025 20:15

Málaga e Rácing de Ferrol víanse as caras na Rosaleda na trixésimo segunda xornada da segunda división. Os ferroláns continúan pelexando por entrar nos postos de fóra do descenso que se atopan cada vez máis lonxe. Por outra banda, o equipo andaluz atópase na metade da táboa onde a pelexa é dunha intensidade altísima e na que cada punto conta.

O encontro comezaba co gol temperán de Julen Lobete que poñía o 1 a 0 para os locais. A pesar de que o Málaga tomou vantaxe moi axiña no marcador e continuou apertando con algunha que outra ocasión máis, o equipo de Ferrol tentouno ao longo da primeira metade con incursións perigosas en área rival. A pesar disto, sería contra o final da primeira metade, no minuto 39 cando os malagueños lapidarían as esperanzas do Rácing co gol de David Larrubia que ampliaba a vantaxe a 2 goles a 0.

Arrincaba a segunda metade cun Málaga que mantiña a calma nos primeiros compases e un Rácing que o intentaba sen conseguir chegar a facer auténtico dano na área rival. Así seguiron pasando os minutos ata que no 62 o Rácing tería unha das ocasións máis claras da segunda metade co remate de Álvaro Giménez que por pouco non conseguiu ver porta. Tivo ocasión de ampliar o Málaga no minuto 72, mais semellaba, pola pasividade do xogo, que os andaluces asinaban o cómodo 2 a 0 que lles daba os 3 puntos. Seguiu transcurrindo o xogo con pouca emoción, tan só algunha que outra ocasión pouco perigosa para ambos equipos e así chegábamos ao minuto 94 no que o árbitro pitaba o final.

Con esta derrota o Rácing continúa afundíndose nos postos de descenso e sitúase a 13 puntos da salvación. Na outra banda temos o Málaga, que se sitúa na duodécima posición con 42 puntos, a 9 do soñado playoff. Na vindeira xornada os galegos enfrontaranse co Deportivo nun derbi que se disputará na Malata o vindeiro sábado 29 as 16:15 da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade