Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mecalia Guardés afianza o liderado cunha remontada sobre o Aula Valladolid (26-23)

O Mecalia Guardés afianza o liderado cunha remontada sobre o Aula Valladolid (26-23)

As galegas perdían no descanso (9-13), pero reaccionaron marcando 17 goles na segunda metade

Foto: @Atlguardes_ofic
G24.gal 30/03/2025 16:08

O Atlético Guardés camiña con paso firme nesta fase regular da Liga Guerreiras. Gañoulle ao Valladolid 26-23 tras protagonizar unha remontada incrible. Ao descanso perdía por 9-13.

Mellorou o ataque nun segundo tempo no que fixo 17 goles, con Pauli Fernández e Elena Amores como máximas anotadoras locais, con seis tantos.

O Mecalia mantense á fronte da táboa con catro puntos de vantaxe sobre o Málaga, despois de gañar 19 partidos no que vai de Liga, e de conceder unha única derrota.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade