O Real Madrid busca a décimo quinta Champions diante do Borussia de Dortmund
O Real Madrid busca a décimo quinta Champions diante do Borussia de Dortmund
Real Madrid e Dortmund saben que o escenario está a altura do título en xogo. Os brancos quren a decimoquinta, sería a sexta champions na última década. No once non haberá sorpresas porque a gripe e a recuperación de Curtuá deixan a Lunin sen final.
Se alguén coñece a receita para afrontar unha cita coma esta é Carlo Ancelotti.
Para os brancos é fundamental aparcar o rol de favorito ante un equipo que superou con nota o grupo máis duro.
Un porteiro solvente, unha manchea de xogadores liderados por Hummels convencidos de que o triunfo é posible, atacantes de gran nivel e un técnico como Terzic que coñece ben o oficio. Sen embargo, os xogadores brancos saben que a súa relación con esta competición é especial.
A derradeira cita da temporada continental, en Wembley, comeza as nove.