Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Real Madrid, campión de Europa por 15ª vez

O Real Madrid, campión de Europa por 15ª vez

Carvajal e Vinicius danlles aos de Ancelotti o sexto título nunha década de hexemonía na Champions

Foto: EFE
G24.gal 01/06/2024 22:52

O partido comezou con dominio do Borussia de Dortmund, disposto a discutir con feitos o teórico favoritismo do Real Madrid. E gozou de varias ocasións claras ata a metade da primeira parte. A primeira levou a sinatura de Brandt. Pouco despois, no 20, Adeyemy quedaba so no man a man diante de Courtois, pero non puido concretar. E, dous despois, Fullkrug topou co pau. Aos poucos, o ímpetu inicial dos alemáns foi baixando, a chegouse ao descanso sen goles en Wembley.

Nos primeiros minutos da segunda metade chegaron as ocasións do Real Madrid. Primeiro tívoa Kroos ao saque dunha falta e, despois, Carvajal avisaba cun gran remate no segundo pau.

Foi o preludio do primeiro gol. No minuto 73, e á saída dun córner, Carvajal conectaba un remate que superou todos os defensas e ao porteiro.1-0. O tanto sentoulles ben aos de Ancelotti, que tiveron entón as mellores ocasións. Bellingham errou desde o punto de penalti un remate cómodo. Kroos acariñou o gol noutro saque de falta, e Camavinga topou outra vez con Kobel, e o propio porteiro volveu sacar a de Nacho á saída do córner. Pero o Real Madrid parecía xa imparable, e Vinicius rubricou o dous a cero xusto a seguir.

Os últimos minutos foron de agonía para o Borussia, que so puido chegar á portería de Courtois cun remate de Fulkrug anulado por fóra de xogo, e de festa total do madridismo. Un madridismo que xa festexa un novo fito, o da 15ª copa de Europa. O das seis champions en dez anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar