Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Real Madrid de Florentino xa supera o de Bernabeu

O Real Madrid de Florentino xa supera o de Bernabeu

Nun ano que comezou con moitas baixas e lesións, o equipo sacou o mellor do repertorio para facerse coa Liga e a Champions

G24.gal 03/06/2024 15:04

Dende o paseíño ata o manteo. Do piso ao teito dun estadio que Carlo Ancelotti considera único e a chave mestra coa que os brancos consolidan o seu imperio continental. A décimo quinta Copa de Europa do Real Madrid xa durmiu esta noite no museo e deixa detrás un rego de satisfacción que cada quen manifesta á súa maneira. Con pase toureiro e madridismo en vea como deixaron ver os galegos Lucas Vázquez ou Joselu.

Coa profusión de bicos afervoados dun Vinicius sempre intenso e chuchón, ou coa presunta timidez de corte británico dun novato Bellingham na súa particular 'operación triunfo'. Unha e outra vez campións de Europa como acreditan Nacho e Carvajal na súa folla de servizos merengue. O capitán de Wembley e o corazón da quince, que xa suman seis na súa cartilla. As mesmas de Paco Gento, palabras maiores.

Tamén as seis de Modric e de Toni Kroos. Do que se vai pola porta máis grande do novo Santiago Bernabéu e do que se queda con todo, co maior capital do madridismo. Dez anos dun ciclo máxico e inesquecible do madridismo. Ese percorrido que fai a Florentino Pérez superar en éxitos a Santiago Bernabéu; e mentres un mantén o nome do estadio o outro retella a casa e reviste a fachada cun feixe de copas para moitos anos.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar