Publicador de contidos

Publicador de contidos

O rei Xoan Carlos volveu este martes a Galicia para participar nunha regata en Sanxenxo

O rei Xoan Carlos volveu este martes a Galicia para participar nunha regata en Sanxenxo

O venres 16 de maio está citado nun acto de conciliación con Miguel Ángel Revilla

G24.gal 22/04/2025 20:32 Última actualización 22/04/2025 22:35

O rei emérito Xoan Carlos chegou na tarde deste martes a Galicia para participar coa tripulación do Bribón na segunda regata da liga española da clase 6 metros, que se celebrará os días 26 e 27 de abril na ría de Pontevedra.

O barco do Náutico de Sanxenxo, vixente campión estatal, comezou a tempada cun segundo posto na regata de marzo, na que non participou o emérito. A vitoria foi para o Titia, patroneado por Mauricio Sánchez-Bella.

O regreso de XOan Carlos a Galicia prodúcese poucos días despois da súa viaxe a Baréin, onde acudiu para apoiar os pilotos Carlos Sainz e Fernando Alonso no Gran Premio de Fórmula 1.

Foi a súa primeira aparición pública desde que se coñeceu a súa demanda contra o expresidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla.

Demanda contra Revilla por declaracións "inxuriosas"

O acto de conciliación entre o rei emérito e Revilla terá lugar o venres 16 de maio, ás 10:00 horas, na sala número 10 da sede xudicial das Salesas, en Santander.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria, xa se comunicou a data tanto á representación legal de Xoan Carlos como persoalmente ao político no seu despacho do Parlamento cántabro.

Xoan Carlos solicita unha rectificación pública polas declaracións que Revilla tería feito entre maio de 2022 e xaneiro de 2025. Tamén reclama unha indemnización de 50.000 euros por danos morais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade