Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xoán Carlos I chega este martes a Sanxenxo para participar nas regatas da fin de semana

Xoán Carlos I chega este martes a Sanxenxo para participar nas regatas da fin de semana

Está previsto que o pai de Filipe VI compita a bordo do Bribón na regata que se disputará o sábado e o domingo na ría de Pontevedra

Esta é a súa a primeira viaxe a Sanxenxo deste ano, tras cancelar a súa asistencia á competición de marzo

Xoán Carlos I nas regatas de Sanxenxo, a 25 de novembro de 2023. (Elena Fernández-Arquivo) Xoán Carlos I nas regatas de Sanxenxo, a 25 de novembro de 2023. (Elena Fernández-Arquivo)
G24.gal 22/04/2025 11:35

O rei emérito Xoán Carlos I chegará na tarde deste martes a Sanxenxo, na que será a súa primeira viaxe deste ano á comunidade galega, para participar nas regatas que se celebran esta fin de semana no municipio pontevedrés.

Así o sinalaron fontes da súa contorna, que detallaron que está previsto que o pai de Filipe VI compita a bordo do Bribón na regata que se disputará o sábado e o domingo na ría de Pontevedra.

Esta será a primeira vez que Xoán Carlos I viaxe a Sanxenxo este ano, tras cancelar a súa asistencia á regata de marzo á que estaba previsto que acudise.

Esta viaxe acontece días despois de que se coñecese a demanda do rei emérito ao expresidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, por unhas declaracións "inxuriosas" que realizaría en diversos medios de comunicación desde maio do 2022 a xaneiro de 2025.

O acto de conciliación, ao que non están obrigados a acudir xa que se pode resolver a través das defensas de ambos, está datado para o venres 16 de maio, na sala de vistas número 10 da sede xudicial das Salesas, en Santander. Non obstante, o expresidente cántabro xa anunciou que acudirá acompañado do seu letrado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade