Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Reino Unido elimina este venres as restricións covid para entrar e saír do país

O Reino Unido elimina este venres as restricións covid para entrar e saír do país

Os que visiten o país xa non terán que realizar nin presentar proba algunha 

G24.gal 17/03/2022 19:00

A partir do venres 18 de marzo, todas as persoas que entren no Reino Unido poderán facelo sen ningún tipo de restrición ou trámite.

Elimínanse os tests antes de viaxar e na chegada así como as corentenas para as persoas que non estean vacinadas.

Tamén se elimina para vacinados e non vacinados a obrigatoriedade de encher o formulario de localización de pasaxeiros que se impuxera ao incio da pandemia.

Con esta medida o Goberno británico elimina xa as poucas restricións que aínda estaban vixentes para reactivar o sector turístico nas vésperas das vacacións de Semana Santa.

Esta decisión chega nun momento en que o país está a ver un incremento dos casos e unha nova repunta das hospitalizacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade