Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Seminario Menor de Ourense abre a matrícula ás mulleres

O Seminario Menor de Ourense abre a matrícula ás mulleres

A partir do próximo curso, as mulleres poderán estudar no seminario menor de Ourense

Unha iniciativa con que pretenden renovar o modelo educativo e abrirse ao conxunto da sociedade

Dispoñen de 120 prazas para ESO e bacharelato

Alumnos nunha aula do seminario
G24.gal 22/01/2024 20:36

Cinco e media da tarde no Seminario Menor de Ourense. Un grupo de alumnos acoden á extraescolar de Deseño Gráfico mentres outros practican deporte no patio. Desde a súa apertura, hai case un século todos os alumnos do Seminario Menor foron varóns, pero iso vai cambiar o próximo curso, en que empezarán cun modelo educativo mixto.

Segundo Fernández Movilla, reitor e director do Seminario Menor de Ourense: "Isto quere dicir que calquera familia ourensá cun fillo ou unha filla en idade da ESO ou Bacharelato poderá matricularse neste centro".

Levoulles un ano formalizar a proposta, consensuada pola comunidade eclesiástica da diocese. Para os alumnos, tamén é unha novidade: "Home, xa apetece, porque tanto home aburre un pouco". "Novas regras e un cambio de ambiente. Axudaríanos a ter outra visión e unha tranquilidade nas clases, tamén", comentan.

Tras Lugo e Santiago, o de Ourense é o terceiro seminario menor galego en dar este paso que aínda non emprenderon no resto de España.

Segundo Fernández Movilla, reitor e director do Seminario Menor de Ourense: "Poñer en práctica o que a Igrexa, o Papa Francisco, o sínodo dos mozos... nos está pedindo: actualizar, abrir as estruturas eclesiais a todos os que sintonicen con esta maneira de facer educación".

Teñen 120 prazas cunha ratio de entre 20 e 23 alumnos por aula.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade