O silledense Joselu Mato xogará no Al Gharafa de Qatar
O silledense Joselu Mato xogará no Al Gharafa de Qatar
O Real Madrid comprou os dereitos ao Español e vendeuno por 1,5 millóns de euros
O silledense Joselu Mato marcha do Real Madrid e xa é novo dianteiro do Al Gharafa qatarí, co que asina un contrato de tres anos -ata 2027- en plena disputa da Eurocopa de Alemaña coa selección española.
O Real Madrid exerceu a opción de compra que tiña por 1,5 millóns de euros ao Español e o venres fixo oficial a súa saída rumbo a Catar. Logo da chegada de Mbappé e o brasileiro Endrick como reforzos para a vindeira temporada o galego decidiu non continuar no conxunto madridista.
Este ano volvera ao equipo branco, no que tamén xogou co seu filial. Marcou 18 goles e gañou a Liga de Campións, cunha participación decisiva na semifinal diante do Bayern con dous tantos, a Liga e a Supercopa de España.