Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Supremo estudará unha demanda do noivo de Ayuso contra a vicepresidenta Montero

O Supremo estudará unha demanda do noivo de Ayuso contra a vicepresidenta Montero

González Amador, que solicita na súa demanda que o indemnicen con 40.000 euros, acudiu ao Supremo despois de que María Jesús Montero non asistira o pasado 2 de outubro ao acto de conciliación convocado

A ministra de Facenda, María Jesús Montero (EFE/ Sergio Perez) A ministra de Facenda, María Jesús Montero (EFE/ Sergio Perez)
G24.gal 16/12/2024 12:41

Como é habitual, a Sala do Civil do Alto Tribunal admitiu a trámite a demanda presentada por este empresario tras varias declaracións da tamén ministra de Facenda nas que dixo que a presidenta madrileña podería "estar a vivir nun piso que se pagou con fraude", en relación á defraudación fiscal que se lle imputa.

O Tribunal Supremo estudará unha demanda presentada polo empresario Alberto González Amador, noivo da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, contra a vicepresidenta primeira, María Jesús Montero, por presunta intromisión na súa honra.

No seu auto, o Supremo constata que González Amador "reúne os requisitos de capacidade, lexitimación e postulación para comparecer en xuízo", conforme ao establecido pola lei, e empraza á ministra Montero e á Fiscalía para que contesten á demanda nun prazo de vinte días.

Como en todos os autos de admisión deste tipo de demandas, o Supremo advirte a parte demandada, a ministra, de que "a comparecencia en xuízo debe facerse por medio de procurador e con asistencia de avogado".

González Amador, que solicita na súa demanda que o indemnicen con 40.000 euros, acudiu ao Supremo despois de que María Jesús Montero non asistise o pasado 2 de outubro ao acto de conciliación convocado nun xulgado madrileño tras a súa demanda.

O acto de conciliación, no que se ofrece chegar a un acordo para evitar a demanda, foi convocado no Xulgado de Primeira Instancia número 49 de Madrid e ao non comparecer ninguén pola parte de Montero, quedou sen efecto.

A demanda céntrase en concreto nas declaracións realizadas por Montero o 12 marzo e o 3, 23 e 24 outubro, e enmárcase na estratexia do empresario de demandar a diferentes cargos públicos, como a exministra Reyes Maroto, e tamén a xornalistas, como Xabier Fortes de RTVE, cando aluden a el e á súa investigación por fraude fiscal.

González Amador está investigado nun xulgado de Madrid por diferentes delitos, entre eles unha presunta fraude a Facenda de 350.961 euros entre 2020 e 2021, cuxa defensa recoñeceu para chegar a un acordo coa Fiscalía, e tamén pola utilización dunha trama de facturas falsas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade