Publicador de contidos
Publicador de contidos

O TS ratifica que a indemnización por despedimento improcedente non pode ser modificada por vía xudicial

O TS ratifica que a indemnización por despedimento improcedente non pode ser modificada por vía xudicial

A actual establécese en 33 días por ano traballado

A decisión responde a unha crítica do Comité Europeo de Dereitos Sociais sobre o sistema actual de compensacións en España

Foto de arquivo do edificio do Truibunal Supremo (Alejandro Martínez Vélez/Europa Press) Foto de arquivo do edificio do Truibunal Supremo (Alejandro Martínez Vélez/Europa Press)
G24.gal 20/12/2024 13:26

O Tribunal Supremo (TS) rexeitou que a indemnización por despedimento improcedente, establecida en 33 días por ano traballado, poida incrementarse en vía xudicial "con outras contías que atendan ás circunstancias concretas do caso".

Nunha sentenza datada este xoves e comunicada hoxe, o pleno da Sala Cuarta do TS conclúe por unanimidade que esa indemnización, establecida polo artigo 56 do Estatuto dos Traballadores (ET), cumpre cos requisitos do Convenio 158 da Organización Internacional do Traballo (OIT), que só esixe que a indemnización sexa "adecuada" e tamén se aclara que non se pode aplicar o artigo 24 da Carta Social Europea, xa que non estaba en vigor.

O Tribunal subliña que o sistema de indemnización por despedimento improcedente é diferente ao doutros ámbitos, como o civil, e "non é necesario acreditar os danos e perdas, senón que se presumen e cuantifican de maneira uniforme polo lexislador". Ademais, destaca que o artigo 10 do Estatuto dos Traballadores usa termos xerais que non se aplican directamente a cada caso individual, e que o Convenio da OIT tamén toma en conta o salario e a antigüidade, tal como fai a lexislación española.

A sentenza fai fincapé en que "non se están cuestionando outras reparacións distintas, fixadas para outras situacións ou cualificacións de despedimento nin, por suposto, que os convenios ou outros pactos colectivos ou individuais poidan mellorar a legalmente establecida".

O Supremo insiste en que a fórmula legal actual proporciona seguridade xurídica e garante unha compensación uniforme para todos os traballadores que perden o seu emprego de maneira improcedente, evitando que as empresas leven a cabo esta práctica "por capricho".

Esta reforma responde a unha crítica do Comité Europeo de Dereitos Sociais, que considera que o sistema español actual non ofrece unha indemnización suficientemente alta nin ten o efecto disuasorio necesario para as empresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade