O Uruguai pon respecto na Copa América cun 5-0 sobre Bolivia
Panamá sorprendeu os Estados Unidos (2-1) e complícalles a clasifición para os cuartos
O Uruguai de Marcelo Bielsa está a facer un inicio de Copa América espectacular. Na segunda xornada do seu grupo derrotou por 5-0 a Bolivia dun xeito asoballador. Con goles de Pellistri, Darwin Núñez, Maximiliano Araújo, Fede Valverde e Betancur deixan claro que van a por este torneo que non gañan desde 2011 pero no que son os reis canda Arxentina con 15 títulos.
Estados Unidos, contra as cordas
Panamá, que se enfrontou a Galicia na súa preparación, deu unha das grandes sorpresas ao derrotar aos Estados Unidos por 2-1 e complicarlle moito o futuro aos campións. Malia quedar con dez aos 18 minutos os Estados Unidos adiantáronse cun gol de Balogún. Panamá non se rendeu e remontou grazas aos tantos de Blackman e Fajardo.