O Valencia machaca o Breogán cun recital de triplas no terceiro cuarto
O Valencia machaca o Breogán cun recital de triplas no terceiro cuarto
O equipo visitante anotou 11 lanzamentos de 3 e fixo un parcial demoledor de 15-37
Vitoria valencianista por 75-87
O Valencia levou o triunfo no Pazo grazas a un terceiro cuarto no que tivo un acerto que poucos equipos na historia da ACB lograron. Neses dez minutos asinaron un 11/13 nos lanzamentos de tres puntos con Jean Montero letal con seis de seis. Volveron do descanso cinco puntos abaixo e asinaron un parcial de 15-37 que acabou por sentenciar o partido. O resto que se poida comentar do encontro queda ensombrecido por ese extraordinario acerto.
O Breogán entrou dubitativo no partido. O Valencia marchou cun 10-18 pero os de Mrsic demostraron carácter para recuperarse. Mediado o segundo cuarto unha canastra de Erik Quintela poñía o 30-29 e acabou o Breogán co acerto de Hilliard no último segundo que lles daba a meirande diferenza do partido ao seu favor (41-36).
O que seguiu foi unha avalancha de baloncesto por parte de Valencia. Montero abriu o período con catro triplas seguidas nos dous primeiros minutos (41-48) e o resto de compañeiros non quixeron quedar atrás. O que era un partido igualado converteuse nun paseo para os visitantes que afrontaron o último cuarto preto dos vinte de diferenza (56-73). O último cuarto foi o do lixo, o Breogán non puido achegarse e a vitoria marchou para Valencia (75-87).