Publicador de contidos
Publicador de contidos

O veterano central Pablo Martínez renova co Deportivo

O veterano central Pablo Martínez renova co Deportivo

Aos seus 35 anos decidiu continuar no club deportivista, co que xogará por terceiro ano consecutivo

G24.gal 31/05/2024 19:19

Unha vez coñecida a marcha de Balenziaga o Deportivo fixo outro movemento na liña defensiva. Desta volta, a continuidade do central francés Pablo Martínez. O veterano xogador (35 anos) chegou á Coruña hai dúas temporadas e, logo de ser indiscutible, estará no regreso da entidade á Segunda División. 

Cunha ampla experiencia na Liga 1 en Francia (Ajaccio, Angers, Estrasburgo, Nimes) chegou a España no proxecto do Deportivo de 2022. Nas dúas campañas disputou 65 partidos (só dous como suplente) e este ano, despois de ir a ver o Apóstolo de Santiago (como el mesmo recoñeceu) comezou a ver porta con asiduidade. Fixo catro goles, o último diante do Castellón no 2-1 definitivo da final de campións da 1ª RFEF. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos