Cargando resultados...
O xesto de Teresa Portela para a preservación das nosas praias
O xesto de Teresa Portela para a preservación das nosas praias
A medallista olímpica pasou pola praia de Aldán e ocupouse de limpar a zona antes de comezar o adestramento
G24.gal
05/07/2022 11:09
Xesto de concienciación por parte de Teresa Portela. A medallista olímpica galega pasou pola praia de Aldán, a carón da súa casa, e con membros das categorías inferiores do club de piragüismo ocupouse de limpar a zona antes de comezar o adestramento.
Por praias limpas de lixo. Por respecto aos nosos mares e ao medio natural. A natureza. Así foi unha xornada diferente para Teresa Portela. Unha xornada que ten que ver co deporte e coa educación. Por preservar nas mellores condicións a contorna onde se adestra. Porque despois de limpar había que adestrarse, e as piragüas foron á auga.