Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os aranceis de Trump abren un tempo de renegociación e busca de alternativas

Os aranceis de Trump abren un tempo de renegociación e busca de alternativas

Pedro Sánchez viaxa á China e Vietnam para ampliar mercados en dous países moi castigados por Trump

O PSOE e o PP reiteran a oposición contundente aos aranceis, pero entre desconfianzas mutuas

G24.gal 06/04/2025 20:26 Última actualización 06/04/2025 20:50

A narrativa sobre o futuro da economía mundial deu un xiro radical cos aranceis de Donald Trump. Os analistas de referentes financeiros como Goldman Sachs ou JP Morgan consideran que se abre un período de desconfianza nos mercados de capitais e tamén unha paréntese para a renegociación dos aranceis coa Administración Trump de entre tres e nove meses.

A Comisión Europea amósase disposta a negociar, pero con cautela e estreitando as relacións con outros actores internacionais como Mercosur ou A India. Neste contexto, Pedro Sánchez parte este luns pola noite para Vietnam nunha viaxe que o levará tamén á China, onde se entrevistará con Xi Jiping. O obxectivo é potenciar lazos comerciais con dous dos Estados máis castigados polos aranceis.

"Que fai o Goberno de España? Responder con diálogo; con diálogo e traballando conxuntamente coa Unión Europea. E eu pídolle ao señor Feijóo: señor Feijóo, por favor, rompa con Santiago 'Arancel', líder de Vox", reclama Félix Bolaños, ministro da Presidencia.

"Imos defender con uñas e dentes os intereses de todos os españois. E esixíndolle a Pedro Sánchez que neste caso, no caso dos aranceis, non utilice ningún tipo de atallo, ningún truco", é a opinión de Carmen Fúnez, vicesecretaria de Organización Territorial do PP.

Este luns o protagonismo volve ás bolsas mundiais despois do golpe do xoves e o venres. Distintos expertos sinalan que aínda hai marxe para afondar nas caídas, pero acompañadas de rebotes técnicos, e que os mercados ofrecerán boas oportunidades en pouco tempo.

Hai que ter en conta que a bolsa estadounidense perdeu 4,5 billóns de dólares desde o anuncio dos aranceis de Trump, o mércores pasado, e 10 billóns desde a súa investidura.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade