Cargando resultados...
Os capitáns de Leyma e Breogán apostan por un derbi da amizade na ACB
Os capitáns de Leyma e Breogán apostan por un derbi da amizade na ACB
Xuntamos a Erik Quintela e Álex Hernández antes de comezaren as pretemporadas
G24.gal
05/07/2024 21:13
O novo derbi galego da ACB tivo un primeiro avance en Pol no Campus dos irmáns Quintela cun un contra un entre Erik, do Río Breogán e Alex Hernández, do Leyma Coruña, ao que ambos se prestaron con gusto.
Alex e Erik, que coincidiron dúas temporadas en Mallorca terán a oportunidade de enfrontarse por primeira vez na ACB nun encontro de rivalidade que se presenta apaixonante. Ambos tamén están ilusionados coa posibilidade de medir as súas forzas diante de dúas afeccións que aseguran un cheo absoluto. Os dous apostan porque ese encontro se converta no derbi da amizade.