Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os concellos da conca do Lérez toman medidas ante a seca

Os concellos da conca do Lérez toman medidas ante a seca

G24.gal 27/07/2022 17:18

O concello de Pontevedra está en prealerta por seca debido á escaseza de auga no río Lérez, un dos puntos dos que se abastece non só a capital, senón tamén os concellos da contorna.

A evolución do caudal do Lérez non invita ao optimismo, por iso as autoridades instan empresas e veciños a minimizar o consumo e a facer un uso responsable da auga.

En Pontevedra dende hoxe está prohibido o uso da auga da traída para encher piscinas, regar e lavar os coches.

En Bueu aínda non prohibiron, pero si o aconsellan e están empezando a poñer en funcionamento medidas para evitar o dispendio.

En Marín tamén están moi preocupados, eles son o segundo concello que máis depende do río Lérez.

A situación de Ponte Caldelas é diferente. Eles só fan se fornecen de auga do Lérez para o polígono industrial da Reigosa. Moitas das empresas por sorte están en parada técnica.

Esta tarde os alcaldes da área de Pontevedra reuniranse con conselleira de Infraestruturas co fin de buscar respostas unánimes e unha maior colaboración entre os concellos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade