David Acevedo "Estamos moi orgullosos de, 23 anos despois, seguir tendo a mesma filosofía"
David Acevedo "Estamos moi orgullosos de, 23 anos despois, seguir tendo a mesma filosofía"
O redactor xefe de deportes do Diario de Pontevedra explica as actividades da XXI edición da Festa HQR!
Considerado xa un dos eventos de promoción do deporte de base de Galicia máis importantes da nosa comunidade, un ano máis a Festa HQR fomentará a participación e os hábitos saudables. Será a través de decenas de actos e actividades que arrincaron o pasado 17 de decembro cunha andaina solidaria e rematarán o vindeiro 30 cunha masterclass de ximnasia rítmica a cargo da italiana Alice Taglietti.
Entremedias celebraranse torneos, clases de zumba, carreiras populares e ducias de actividades que converten a Pontevedra no centro do deporte base galego.
O Galicia en goles conversou cun dos organizadores, o redactor xefe de deportes do Diario de Pontevedra, David Acevedo.