Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os pais de Diego Bello din que a única cousa que poden facer é loitar e que en forzas non lles gaña ninguén

Os pais de Diego Bello din que a única cousa que poden facer é loitar e que en forzas non lles gaña ninguén

Os seus proxenitores e o avogado da familia teñen axendadas reunións con distintos grupos políticos e cargos en distintos organismos da Unión Europea

O obxectivo destes contactos é lembrar ás autoridades e aos partidos políticos na UE que o caso do asasinato de Diego Bello por parte de tres policías filipinos "segue sen ter sentenza xudicial despois de máis de cinco anos de que se producise a morte de Diego"

G24.gal 05/03/2025 09:45

Xa hai cinco anos do asasinato do coruñés Diego Bello na illa de Siargao, en Filipinas. Un tempo no que a súa contorna, coa súa familia á cabeza, non deixou de loitar para que se faga xustiza. Unha loita que os leva agora a Bruxelas, alí están mantendo reunións con grupos políticos e organismos da Unión Europea, para intentar que se avance no xuízo.

Os seus proxenitores e o avogado da familia teñen axendadas reunións con distintos grupos políticos e cargos en distintos organismos da Unión Europea (UE). O obxectivo destes contactos é lembrar ás autoridades e partidos politicos na UE que o caso do asasinato de Diego Bello por parte de tres policías filipinos "segue sen ter sentenza xudicial despois de máis de cinco anos de que se producira a morte de Diego".

Segundo Pilar e Alberto, pais de Diego Bello, foi no Parlamento Europeo onde comezou todo cun discurso de Francisco Millán. Despois diso entregáronse os tres policías e comezou o xuízo. Agora, como está suspendido, esperan que en calquera momento teñan a ocasión de ir a Filipinas ou de que veña algunha Comisión filipina a Europa, na que estea sobre a mesa este caso.

Durante todos este anos, os pais de Diego en ningún momento deixaron de buscar xustiza e afirmaron que a única cousa que poden facer é loitar ata o final, que en forzas non lles vai gañar ninguén. Cren que os encontros que van manter hoxe poden ser positivos, porque dende Euopa se pode facer máis que dende un só país.

A xuíza de Manila xubilouse e polo de agora non hai substituto, a súa familia non sabe de que maneira vai influír isto e agarda que as vistas se retomen de novo e que se axilice o proceso. 

Cada certo tempo a familia vai a Filipinas e teñen previsto volver antes do verán porque esperan que se reinicie o xuízo e a unha vista ou dúas teñen que asistir e irán todas as veces que faga falta. 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade