Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os residentes de Campolongo amósanlle a Rueda as 6.000 felicitacións de Nadal

Os residentes de Campolongo amósanlle a Rueda as 6.000 felicitacións de Nadal

O presidente da Xunta visita a residencia para presentar a reforma que se vai acometer no centro

G24.gal 16/12/2022 16:22

Son xa 6.000 as felicitacións de Nadal recibidas por correo no centro de maiores de Campolongo da cidade de Pontevedra. Este venres o presidente da Xunta comprobou alí persoalmente ata que punto o espírito destas festas impera xa na residencia. 

Alí é díficil falar na residencia de Campolongo de nada que non sexan esas 6.000 cartas de Nadal que levan recibidas. O presidente da Xunta sentou a carón dos 101 maiores que viven aquí e con eles púxose a lelas. 

"Creo que Juanjo, teño que felicitalo, non o pretendía, seguro, pero fixo que xurdira en moitísima xente todo un sentimento de solidariedade e de cariño, que temos aí, pero que ás veces temos que facer algo para que saia; e despois, para os que digan que xa non se escriben cartas, e logo estas cartas que están aí?", dixo Rueda. 

Alfonso Rueda estaba alí para presentarlles aos maiores da residencia, o máis vello deles de 103 anos de idade, a reforma do interior e do exterior que vai acometer a Xunta por valor de 4 millóns de euros. Pretenden que Campolongo siga a ser unha residencia pública de referencia en Galicia e en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade