Os tesouros agochados
Os tesouros agochados
Agora que chegan as festas do Nadal, os artigos que se poden adquirir nas tendas de antigüidades poden ser un excelente regalo para a familia e os amigos
Mobles, apeiros, elementos de decoración, máquinas, roupa, botellas, vaixelas...non hai nada que non se poida atopar nas tendas de antigüidades. De feito, en moitos casos só nelas se poden conseguir determinadas pezas.
É un sector minoritario pero moi estable e que goza dunha fidelidade absoluta tanto dos proveedores como dos clientes e mesmo dos vendedores. Nin se afunde coas crises económicas nin se dispara cando a situación financieira é boa. Ademais mantén as vendas prácticamente constantes ao longo de todo o ano.
O perfil dos clientes é de dous tipos básicos: os que van mirar para ver o que aparece e os que buscan algo moi concreto e van directos a por eso. Agora que se achegan as festas do Nadal, os artigos que se poden adquirir nas tendas de antigüidades poden ser un excelente regalo para a familia e os amigos.