Cargando resultados...
Vinte queixos galegos, entre os mellores do mundo
Vinte queixos galegos, entre os mellores do mundo
Foron distinguidos entre máis 4.500 tras a avaliación de 260 catadores internacionais na edición número 35 do World Cheese Awards
G24.gal
21/12/2024 15:30
Vinte queixos galegos están hoxe entre os mellores do mundo. Foron distinguidos entre máis 4.500 tras a avaliación de 260 catadores internacionais. Foi na edición número 35 do World Cheese Awards en que Galicia case triplicou o número de galardóns do ano pasado.
Tras este éxito están moitas inicitiavas ligadas á tradicicion das nosas catro denominacións de orixe, pero tamén outras moi innnovadoras e artesanais que poñen os queixos galegos entre os máis prezados produtos gourmet de Europa.