Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os traballadores de Vestas levan as súas protestas ata o Obradoiro

Os traballadores de Vestas levan as súas protestas ata o Obradoiro

Percorreron Santiago cunha pancarta á cabeza co lema "Vestas, solución"

G24.gal 26/10/2021 11:52

Os traballadores de Vestas marcharon en manifestación desde a Alameda a través das rúas do centro histórico ata a praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, para reclamar unha "solución" á súa situación ante o ere extintivo que ameaza 115 traballadores da planta de Chavín, en Viveiro (Lugo).

Pasadas as 11:00 horas, partiron da alameda con berros como: "Vestas, solución", "Feijóo, escoita, A Mariña está en loita" ou "Sen industria non hai futuro". Esta protesta realízase de forma previa á mesa industrial que se celebra na capital de Galicia a partir das 14:00 horas. Cunha pancarta á cabeza co lema 'Vestas, solución', percorreron a Porta Faxeira e a rúa do Franco ata chegar sobre as 11:30 horas ao Obradoiro.

En declaracións á prensa, o presidente do comité de Vestas, David Mariño, lamentou que "cada vez está máis claro que a empresa segue no mesmo camiño e que non se desvía en absoluto".

Critica que a prórroga dunha semana do período das consultas do ere ata o 4 de novembro foi "unilateralmente imposta", a pesar de que os traballadores reclamaban maior prazo, porque só ten como fin "acabar as reunións necesarias para acabar de cumprimentar ese expediente de regulación".

Mariño pide á Administración galega que "cambie esta situación" coa procura de "unha solución para a produción" a través dun investidor que desenvolva un proxecto industrial. Critica que Vestas só ofrece unhas recolocacións "mínimas", mentres deslocaliza a produción. "Os motivos do expediente non son económicos en ningún momento", deixa claro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade