Cargando resultados...
Os veterinarios volven manifestarse contra a normativa sobre medicamentos
Esixen que se cambie a lei sobre prescrición e uso de medicamentos
Din que limita a capacidade dos veterinarios de ofrecer tratamentos adecuados
G24.gal
05/03/2025 14:17
Os veterinarios esixen que se cambie a lei sobre prescrición e uso de medicamentos. Este mércores concentráronse ante o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Insisten en que a lexislación vixente limita a capacidade dos veterinarios de ofrecer tratamentos adecuados e compromete a recuperación dos animais.
Os veterinarios que non puideron viaxar a Madrid dende Galicia manifestáronse ante Delegación do Goberno na Coruña.