Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo Durán camiña cara ao primeiro equipo do Celta

Pablo Durán camiña cara ao primeiro equipo do Celta

O de Tomiño ten moitas posibilidades de ter ficha co cadro de Primeira División despois do seu bo facer o ano pasado e na pretemporada

G24.gal 17/07/2024 23:51

Segundo apuntou Víctor López no programa Ao contraataque da Radio Galega, o Celta tería sobre a mesa a opción de facer de Pablo Durán un xogador do primeiro equipo para todos os efectos. Durán deixou de ser sub23, polo que non podería alternar entre o Celta Fortuna e o cadro de Primeira División, e o seu bo traballo na pasada temporada e tamén nestes dez días de pretemporada está a facer que Claudio estea decidido a dar o paso. 

A marcha de Miguel Rodríguez ao fútbol dos Países Baixos tamén deixa unha ficha libre no primeiro equipo. O de Tomiño Pablo Durán deu o salto da Preferente Autonómica ao Compostela de Segunda Federación en 2021, onde estivo a un gran nivel e marcou oito goles. 

Asinou co Celta para xogar co filial, aínda que na temporada 22-23 xa tivo minutos en Primeira División (participou en catro encontros). Na 23-24 foi un dos mellores goleadores do Celta Fortuna en Primeira Federación, con doce tantos, a carón de Alfon e Raúl Blanco. Con ofertas do fútbol portugués Durán apostou por seguir no Celta e buscar minutos, ou no filial ou cumprindo o soño de xogar no primeiro equipo, algo do que podería estar moi preto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos