Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo Durán "O campo non estaba ben, pero é aí onde se amosan os grandes equipos"

Pablo Durán "O campo non estaba ben, pero é aí onde se amosan os grandes equipos"

O autor do segundo gol olívico pasou polo Galicia en goles para analizar a vitoria en Fuenlabrada

G24.gal 17/12/2023 20:16

Unha feliz expedición do Celta Fortuna agarda o tren que os trasladará de regreso a Vigo, co liderado en solitario baixo o brazo. Foi unha sufrida vitoria no Fernando Torres que analizou na Radio Galega, antes de emprender camiño á casa, o goleador Pablo Durán.

"Estar aí arriba é un orgullo, pero non é o obxectivo. Logo se podemos mirar para arriba, miraremos. Foi un partido complicado, o campo non estaba como agardabamos pero é aí onde saen os grandes equipos, gañando en terreos complicados. O primeiro gol tivemos fortuna pero é unha boa opción. Xa no segundo aproveitamos a contra. Non houbo ocasións claras de gol. Fomos moi bos na nosa area, e marcamos dous na contraria. O meu gol, o pase é moi bo, pero o campo non estaba en boas condicións, e tiña medo dos botes que pegaba. O importante é que entrou, somos líderes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos